DEPORTE ESCOLAR - 1999/2000

CEIP de PALMEIRA
 
Inicio
Benvida
Presentación
O Centro
Biblioteca
Medio Ambiente
Normalización Lingüística
Novas Tecnoloxías
Revista
Deporte
 
E-mail

DEPORTE ESCOLAR 1999-2000

Outro ano máis, xá está eiquí o programa de

ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR

promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da XUNTA DE GALICIA.

Convive deportivamente 

Saúdo do secretario xeral para o deporte, Eduardo Lamas Sánchez
Pero este ano temos unha mala nova que comunicar:

Os cursos anteriores estabamos a participar no Deporte Escolar establecendo os venres unha xornada continuada de mañán de horario lectivo, aprobada pola Delegación, para poder dispoñer da tarde para as competicións deportivas, co fin de que así os nenos e nenas non perderan horas de outras materias. 

Este ano solicitamos, como viña sendo habitual, que o Sr. Delegado nos concedese esa xornada para os venres, pero a nosa sorpresa foi que, tanto a nós como ós demáis colexios do Concello, veunos denegada.

Polo tanto, como non estamos dispostos a participar no Deporte Escolar durante as horas lectivas, polos perxuicios que esto traería a unha xa mal afamada ensinanza, acordamos pois non participar na presente campaña de  ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.
Copyright ©  CEIP de PALMEIRA, 1999.Reservados tódolos dereitos.
Revisado: 10 de decembro, 1999.
 

Para ir á páxina anterior Ir ó principio desta páxina Para ir á seguinte páxina