|
¿QUEN FOI? Este é un xogo de animación proposto polo Equipo de Medio Ambiente do Centro, onde os nenos e nenas intentan adiviñar a que animal se corresponde a cagada que aparece fotografiada. Vos tamén podedes participar neste xogo a través da súa páxina web, onde irá aparecendo cada semana unha foto de escrementos e os venres aparecerá ó seu carón a fotografía do animal causante. Anímate a participar, aínda que non sexas alumno/a do colexio. Non hai límite de idade, todos podemos participar. |
||||||||||||||