O Noso Centro

CEIP de PALMEIRA
 
Inicio
Benvida
Presentación
O Centro
Biblioteca
Medio Ambiente
Normalización Lingüística
Novas Tecnoloxías
Revista
Deporte
 
E-mail
  • DATOS DO CENTRO:
  • Edificación: O edificio do Colexio está situado na parroquia de Palmeira, no lugar da Lomba. Dentro do recinto escolar contamos con un patio cuberto, unha pista polideportiva, unha pista de baloncesto, unha pista de voleibol, un horto escolar, un patio para os alumnos e alumnas de Infantil.
  • Matrícula: Neste curso están matriculados no Centro 247 alumnos e alumnas.
  • Aulas: No presente curso utilizaranse as seguintes aulas:

- 5 de Educación infantil (3, 4 e 5 anos)

- 11 de Educación Primaria (6 a 12 anos)

- 1 Biblioteca

- 1 Laboratorio

- 1 aula de Inglés

- 1 aula de Música

- 1 aula de Informática

- 1 aula de Usos Múltiples

- 1 aula de Educación Física

- 1 aula de Educación Especial

  • Horario escolar: O Horario do Centro para o presente curso será o seguinte:

- Mañás: de 9,45 a 13,15 h.

- Tardes: de 15,30 a 17,00 h.

Na sesión única de Setembro e Xuño, o horario será de 9,30 a 13,30.

  • Equipos de traballo: Nos últimos cursos, de forma estable e eficiente, veñen funcionando os seguintes Equipos de Traballo:

- Equipo de Biblioteca

- Equipo de Medio Ambiente

- Equipo de Normalización Lingüística

- Equipo de Novas Tecnoloxías.

  • Obradoiros: Coma en anos anteriores o Profesorado de Educación Infantil e Primaria, teñen prevista a organización, durante o segundo e terceiro trimestre do curso escolar, de distintos Obradoiros.

Os obradoiros propostos para o anterior curso escolar foron os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA:

- Xogos populares e danzas

- Cociña

- Collage e manualidades divertidas

- Pintura

2º e 3º CICLOS DE PRIMARIA

- Costura

- Educación Vial

- Cociña

- Educación para o Consumo

- Modelado

- Reciclaxe

- Teatro

  • Festas: Existen unha serie de datas cíclicas que o Claustro de profesores, como tódolos anos, prevé celebrar, dada a súa presencia na vida social e cultural:

- O Samaín (festa das cabazas)

- O Magosto (festa das castañas)

- O Nadal

- As festas do Antroido

- Festa Fin do Curso

 

Para ir á páxina anterior Para ir ó principio da páxina actual Para ir á seguinte páxina