DEPORTE ESCOLAR - 1999/2000

CEIP de PALMEIRA
 
Inicio
Benvida
Presentación
O Centro
Biblioteca
Medio Ambiente
Normalización Lingüística
Novas Tecnoloxías
Revista
Deporte
 
E-mail

Saúdo do secretario xeral para o deporte

Campaña de actividade deportiva en idade escolar 1999/2000

O Deporte Escolar é sen dúbida algunha un dos fenómenos deportivos máis destacados dos que cada ano teñen lugar en Galicia. O pasado curso participaron un total de 157.474 rapaces e rapazas, o 79 % dos nenos escolarizados, nesta campaña que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte en colaboaración coas federacións deportivas, clubes, agrupacións deportivas escolares e demáis entidades de fomento do deporte.

Lonxe quedan aqueles preto de 60.000 nenos que se inscribiran na campaña no curso 89/90. Unha década despois, e logo de moitas horas de traballo destinadas por centos de persoas á promoción desta iniciativa, podemos afirmar con íntima satisfacción que estamos ante unha campaña asentada e estendida nas catro porvincias galegas, tanto nas zonas urbanas como nas rurais, facilitando así que milleiros de escolares poidan dedicar parte do seu tempo de lecer á práctica dos seus deportes favoritos dende as idades máis temperás.

Un total de 43 modalidades deportivas conforman a oferta do presente curso, no que agardamos manter e incluso incrementar o nivel de participación, convencidos de que o deporte constitúe un medio insustituible para aportar á nosa xuventude tódolos valores humanos e sociais incluidos nese amplo concepto que denominamos xogo limpo. Pido a todos, fundamentalmente ós pais, profesores e adestradores, que non esquezamos que a deportividade que pretendemos inculcar nos máis pequenos debe comezar polo exemplo de todos nós. Diso depende que o importante esforzo que se está a realizar cada curso para poñer en marcha esta campaña mereza realmente a pena.

Volver

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario Xeral para o Deporte

 

Para ir á páxina anterior Para ir ó principio da páxina actual Para ir á seguinte páxina