Voltar a páxina principal
PARQUE DA
"BISOUREIRA"

O parque da "Bisoureira" é un terreo cunha
extensión de máis de trinta mil m2 que se comprou en pequenas parcelas, un total de 117,
con un total de 100 propietarios. Era un terreo inculto e cheo de silvas e toxos.
Na actualidade conta cun parque infantil, unha pista de atletismo que circunda todo o
terreo, unha pista polideportiva donde se poden practicar os seguintes deportes:
fútbol-sala, balonmano e baloncesto. Tamén ten unha pista de tenis e un merendeiro. Ten auga
corrente, servicios de aseos e duchas para as pistas, grifos de auga por todo o terreo.
MERENDEIRO MIRADOR DE "SAN CIBR
ÁN"
Situado nunha cota de case que 500 metros de altitude, ali
pódense apreciar restos dun
castro, unha capela que se reformará muy pronto e dous miradores: un é o Penedo Grande
situado a carón da entrada da capela de "San Cibrán" dende donde se pode mirar
toda a parroquia de Guláns e Ponteareas entre outras,e o outro é un cruceiro de
máis de
cinco metros de altura desde donde se pode divisar ata a desembocadura do río
Miño.
Aquí pode pasar un día agradable no verán donde pode disfrutar da natureza e se quere
facer o xantar porque dispón de mesas e sitios para facer lume.