Publicacións Cousas Colaboracións
| |

Limiar
A Fundación Castelao naceu somente coas modestas aportacións feitas polos membros
fundadores, pero cunha gran ilusión de traballo para honra-la memoria e divulga-la obra
de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.
Castelao ten unha personalidade exemplar, unha conducta humana que sempre será
modélica para os galegos de calquera tempo e lugar. O profeta da galeguidade como lle
chamou Monseñor Miguel Anxo Arauxo marca un fito inesquecible na historia de Galicia.
A nosa tarefa está soamente iniciada. Como dixera o propio Castelao nun dos debuxos do
Álbum "Nós": "Non lle poñades chatas á obra, namentras non se remata. O
que pense que vai mal que traballe nela; hai sitio para todos".
A Fundación Castelao é unha institución con carácter privado (non institucional)
que foi creada no ano 1984 co fin de estimular e favorece-la cultura galega en xeral e, en
particular, o fomento das artes plásticas, etnográfía, socioloxía, economía e
política galegas, narrativa e teatro, campos en que tanto se distinguiu o xenio de
Castelao
Información de contacto:
Fundación Castelao
C/ Horreo 37 Entrechan Local nº 8
Santiago de Compostela 15702
Teléfono: 981 57 22 34
E-mail CASTELAO@teleline.es
Fax: 981 57 22 34
|