MEMORIA HISTORICA DO EDUCADOR SOCIAL EN GALICIA


E preciso recoñece-la riqueza aportada por todolos homes e mulleres que ao longo dos seculos traballaron en prol desta laboura social. Ainda que as lagoas documentais existentes neste eido son considerables, tentamos amosar alguns apuntamentos sobre a nosa historia en Galicia.
Antecedentes lonxanos
Os primeiros datos atopamolos nas disposicions eclesiasticas que obrigaban aos primeiros clerigos parroquiais a dispoñe-las suas casas como "asilo de pauperes", acollendo asi a pobres e nenos/as orfos/as.
Os mosteiros visigodos, espallados por toda a xeografia galega,especializanse en crear a figura do "monxe enfermeiro", recollendo nunha sa do mosteiro "hospitale" as persoas carentes de fortaleza fisica. Acorde coa idea de caridade cristia que tentaba sacraliza-la "pobreza peregrina".
A idea, avanzada a Idade Media, foi arraigando na xente rica e nos bispos da cidade, que construian nos seus lugares de residencia pequenas "alberguerias" para acoller por tempo determinado as persoas que o necesitasen. Dotaban dunha renda ditas alberguerias, como sufraxio das suas almas. Nada se sabe do persoal co que contaban para o seu funcionamento, agas o cura que dicia misa diaria polas almas dos defuntos/as benefactores/as.
No seculo XVI, ponse en marcha o Hospital Real de Santiago, creado para atender os pelegrins, pero que por circunstancias demograficas e por continuos anos de fame, tansformouse en centro recptor de orfos/as e vellos/as de toda Galicia. E aqui onde empezamos a ter novas sobre o persoal que atendia os centros adicados a labouras sociais. Os pequenos orfos eran coidados polos/as vellos/as validos/as. Ademais da unica peroa en nomina para a rama dos rapaces, a "ama maior de expositos" que se via imposibilitada para atendelos.
No seculo XVIII crease o Hospital de San Pablo de Mondoñedo, co gallo de descentralizar en inclusas perifericas, evitando asi morte dos infantes nun traslado loongo a Santiago. Aqui contaban a parte da "ama de goberno", con "amas externas" e un "axudante de capela", que instruia na fe e os bos costumes.
Antecedentes proximos
No seculo XIX comezamos a recoñecer a nosa profesion nas labouras realizadas por personal das institucions municipais de beneficiencia, asi como nas das Congregacions Relixiosas, sobretodo femininas (froito da identificacion da muller con este traballo asistencial). Estas ultimas xorden cun interese educativo-social, como reaccion da igrexa a presion exercida polo Estado e o estamento medico, por quitarlle a proteccion que secularmente exercera sobre os/as desamparados/as.

As labouras profesionais dos nosos/as antepasados/as estaban moi condicionadas por un regulamento totalmente militarizado e pola utilizacion sistematica do persoal hospiciano para control dos propios compaqeiros/as; ademais das limitacions de cada quen en relacion coa calidade persoal, nivel educativo,...

No organigrama do persoal do hospital de Pobres de Santiago de Compostela podemos observar por unha banda a presencia de: bispo, administrador ou maiordomo e director ou capelan. Os traballadores/as que estaban en contacto directo co usuario/a eras os/as seguintes:

  • Fillas da caridade: para rapazas e mulleres; coidaban das hospicianas, do material da casa e dirixian a cociqa.
  • Capataz: do que depende o coidado e vixianza das seccions de varons, velando porque se cumpla o horario, o orde e o cumprimento dos deberes de aseo persoal. Serian os predecesores dos actuais subdirectores dunha institucion.
  • Celadores: terian as mesmas funcions que os capataces, pero nas suas respectivas seccions. Serian os nosos antecesores.
  • No seculo XX chega, moi lentamente, a especializacion da asistencia por grupos de idade e estados de "doenza". Na Galiza, a implantacion dos Tribunais Tutelares, recollidos na lei do 1918, foi tardia polo pouco peso economico que representaba a nivel do estado espaqol. A dinamica de funcionamente destes centros marcouna o do Salvador de Amurrio (Victoria), rexido polos Pais Terciarios Capuchinos que , a finais da decada do 1920, celebraron uns cursos para directivos de 40 dias de duracion, que se fixeron imprescindibles a partires da dictadura franquista, por consideralos un requisito para traballar nos centros de reforma.

    O persoal educativo, durante a epoca de franco sufriu mutacions significativas a nivel de salarios e categorias. Cando comezaron a funcionalos centros na Galiza recibian o nome de educadores/as, con pagas de 4800 pts o ano,para cuidar os internos/as nas horas que non adicaban a escola ou obradoiros, acompaqados/as dos Xefes/as de Seccion. A partires do 1957 vanse rebaixar de categoria, pero cobrando mais, pasando a denominarse "celadores/as", realizando tarefas de vixianza; aplicandolles o convenio do ensino non estatal (1950). Os mestres/as de Patronato, que ata enton so facian de prefesores/as, pasan a ocupar o seu traballo propiamente educativo conseguindo soldos de 18000 pts. Esta situacion mantense na revision de soldos e categorias do 1965, cambiando definitivamente a partires dos anos 70, cando os centros e institucions privadas incluen de novo a figura do educador/a nos seus organigramas.

    Actualidade

    Na decada dos 80 a concienciacion profesional comeza a plasmarse: asinanse os primeiros convenios que marcan os dereitos e tarefas do/a educador/a e nacen as primeiras asociacions.

    No 1982 comenzan as transferencias dos Servicios Sociais a Xunta (Estatuto de Autonomia 27.23) tanto a nivel de actuacions no sector como do persoal do Estado na Comunidade.

    No 1983 nace o Colectivo Galego do Menor Inadaptado (antes Colectivo de Centros), para traballar no campo dos/as menores, colexios e casas de familias, asi como na formacion permanente do educador/a (na actualidade os membros deste colectivo pertencen a AESG).

    A necesidade de formacion especifica para os/as profesionais do sector fai que se cree a Escola Galega de Educadores Especializados en Marxinacion Social, da que sairan varias promocions ata 1988 que deixara de funcionar por problemas burocraticos, de homologacion de titulos.

    No ano 1991 crease a ASOCIACISN PROFESIONAL DE EDUCADORES/AS SOCIAIS DE GALICIA (AESG), integrada na Federacisn de Educadores/as Sociais co resto das asociacions do Estado. Dita Federacisn forma parte da Asociacisn Internacional de Educadores/as Sociais (AIEJI).

    No aqo 1994 a AESG colaborou coa Universidade de Santiago de Compostela nuns encontros para a implantacisn da diplomatura de Educacisn Social. No ano 1998 asume a Presidencia da "Federacisn Estatal de Asociaciones de Educadores/as Sociales", firmando convenios de colaboracisn co Col-legi d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya, e organizando o II Congreso Estatal de Educadores/as Sociais, que tivo lugar en novembro en Madrid.

    O Ministerio de Educacisn e Ciencia aproba por Decreto, no ano 1991,a implantacion da Diplomatura en Educacisn Social (BOE n:293 de 10 de outubro). No curso 94/95 comeza a impartirse a diplomatura nas Facultades de Ciencias da Educacisn das Universidades de Santiago e Vigo (Campus Ourense); no curso 95/96 na Universidade de A Coruqa.

     A Asamblea Xeral da AESG, do 12 de decembro de 1997 decide impulsa- la creacisn do COLEXIO  DE EDUCADORES/AS SOCIAIS DE GALICIA, a travis dunha campaqa de contactos con outros colectivos de educadores/as, e a realizacisn das xestions necesarias para achegar os poderes pzblicos galegos as nosas inquedanzas.


    QUEN SOMOS    A EDUCACION SOCIAL    COLEXIO PROFESIONAL    

    DIRECCIONS DE INTERESE    BOLETIN    NOVAS    INDICE