OUTUBRO 2.000 BOLETIN N:15
EDITA: ASOCIACION PROFESIONAL DE EDUCADORES/AS SOCIAIS DE GALICIA
"O PROXECTO DE LEI XA ESTA NO PARLAMENTO"
Despois de tdolos esforzos o Consello da Xunta do 13 de Setembro do presente ano, aprobou o Proxecto de Lei do Colexio de educadores e educadoras sociais de Galicia e a sua entrada no parlamento.
Queda agora o derradeiro paso: a tramitacion parlamentaria e a sua aprobacion, que agardamos sexa rapida.
Neste momento todos/as debemos felicitarnos por estar a punto de ter un instrumento que recoqeza a nosa profesion, e xuntar vontades para ter un colexio forte e participativo.
"A IMPLANTACION DA NOVA LEI PENAL XUVENIL"
Coa colaboracion da Obra Social de Caixa Galicia, a Asociacion Profesional de Educadores/as de Galicia (aesg) organizou unha mesa redonda sobre "A Lei Organica de RESPONSABILIDADE PENAL DOS MENORES (LO 5/00)" que, segun a maioria dos/as implicados/as no tema -agas os/as menores que disto ainda non teqen opinado- estara en vigor a partir do vindeiro mes de xaneiro.
Esta colaboracion co boletin da Asociacion tentara ser unha cronica mais que un artigo, ainda que non evitarei (resulta imposible non mollarse neste tema) "dar opinion" en temas concretos:
O 8 de Xuqo, no salon de actos da Facultade de Ciencias da Educacion en Santiago, a nosa Asociacion foi quen de reunir aos/as seguintes convidados/as:
D.* Teresa Rey Barreiro-Meiro (Directora Xeral de Familia)
D. Jose Carlos Rodriguez Gonzalez (Vicevaledor Primeiro- "Valedor do Pobo")
D. Francisco Sanchez Reboredo (Maxistrado- Xuiz de menores- Pontevedra)
D. Jesus Alvarez Gonzalez (Tenente Fiscal da Audiencia de Lugo)
D. Jose Domingo Barros Montans (Educador do Xulgado de menores- Pontevedra)
D. Manuel Aguilar Lopez (Xerente da Obra Social de Caixa Galicia) que actuou como moderador desta mesa redonda.
Quen asina este escrito foi convidado polo presidente da Asociacion para face-los agradecementos pertinentes dende a tribuna e tamen para deitar unha serie de preguntas- algunhas delas retoricas- aos/as convidados/as e ao publico, co fin de atoparmos respostas concretas por parte dos/as asistentes (quen as podian ou debian dar) a mesa redonda. Nin que dicir ten que ditas interrogantes estan no pensamento de todos nos, sobre todo daqueles que traballamos directamente (os educadores e educadoras os que mais) cos menores infractores:
a) ?Esta preparada a administracion central e autonomica para desenvolver as funcions que lle asigna a nova lei?
b) ?Estamos preparados/as os/as educadores/as para cumprirmos coas novas funcions que implica a entrada en vigor da lei?
c) Centros de internamento ?vanse crear novos ou remodelar algun vello?...?cantos?...?onde?
d) ?Podese privar de liberdade ( internamentos en centros pechados de ata cinco anos de duracion) a nenos e nenas en centros privados?
e)?Cantos e onde se van crear novos equipos de medio aberto?
f) ?Que vai acontecer a partir do trece de xaneiro cos/as nenos maiores de dezaseis anos que foron xulgados como maiores de idade (73 deles/as estan agora en prision) e aos que, de oficio, se lles tera que revisa-la sente3ncia?
g)?Que lei se lle vai aplicar os nenos e nenas de mais de dezaseis anos, que antes do 13 de xaneiro do 2001 cometan delitos tales como: violacions, asesinatos, roubos,... con forza?
A directora xeral de Familia, primeira das intervencions, entende(e asi o fixo saber) que a nova Lei de Responsabilidade Penal do/a menor "e unha aposta valente do goberno espaqol" que pode dar solucion a moitas irregularidades que se estan a dar nos procedementos xudiciais nos que estan imputados/as menores.
Entende tamen, D* Teresa Rey que a lei recolle os principios fundamentais do Dereito Penal e, as garantias que estes principios aplican. engade que, se tamen se ten en conta o caracter educativo da intervencion cos menores que propon a lei Organica 5/00, atopamonos cunha norma legal axeitada aos tempos e que garante o recoqecemento dos dereitos dos/as menores que emanan da lexislacion internacional
Despois de facer un percorrido por cada unha das medidas que instaura a nova lei, que non ven ao caso lembrar, por cuestions obvias de espacio, suliqou tamen a Directora Xeral, que non hai que ser alarmistas ante a posibilidade de que alei non poida sair adiante por "problemas de presupostos". Segun nos dixo, o goberno espaqol esta a levar a cabo as actuacions precisas e pertinentes para que todo estea listo para a entrada en vigor da norma da que estamos a falar, o vindeiro trece de xaneiro.
Interviu a continuacion o ivevaledor do Pobo (responsable directo do tema de "menores", nesa institucion) D. Jose CArlos Rodriguez que, dende o inicio da sua exposicion, empregou como base dela os datos do informe elaborado polo "Defensor del pueblo", sobre o tema de "La violencia en la Escuela".
Segun este informe, a conclusion mais importante non e outra que "a prevencion e a unica solucion a violencia e a delincuencia dos/as menores".
Constata tamen ese informe, que o 37% dos/as nenos/as son victimas na escola de agresions (verbais, fisicas, acoso sexual...); que esta porcentaxe e semellante a doutros paises do noso entorno e que onde mais agresions se levan a cabo, e nas aulas, despois nos outros locais don centros educativos e finalmente, nos arredores dos colexios.
"El defensor del pueblo" fai, nese estudio, unha serie de recomendacions coa finalidade de palia-las conductas violentas e todo tipo de infraccions. Destacar mais salientables:
D. Francisco Sanchez (maxistrado-xuiz de menores en Pontevedra) deixou patente a sua inquedanza ante a nova Lei.
Despois de facer sabe-la importancia dos/as tecnicos/as (educadores/as, psicologos/as e traballadores /as sociais) que confiren a verdadeira innovacion dos novos xulgados de emnores que a lei propon (agradeceselle), levou a cabo a sua exposicion que, de modo sintetico, atrevome a concretar deste xeito:
Segun a nova lei todo isto tiqa que etar preparado o ano da publicacion no BOE (12/01/00).
Pechou a quenda de intervencions D. Jesus Alvarez Gonzalez, tenente fiscal da audiencia provincial de Lugo. Tendo en conta que a mesa redonda tiqa sido organizada pola nosa asociacion de educadores/as, o representante da fiscalia de Lugofixo unha enumeracion concretisima da intervencion dos/as educadores/as- como integrantes dos equipos tecnicos dos xulgados de menores- en todo o proceso de xulgamento de emnores que dispon a nova lei organica. Non ven o caso reiterar dita enumeracion, mais si suliqar unha inquedanza (polo que se ve a norma plantexa moitas os/as profesionais da xustiza) que merece ser desttacada aqui:
!!!A bos/as entendedores/as poucas palabras!!!
Despois de remata-las intervencions dos membros da mesa deuselle a palabra os/as compaqeiros/as asistentes a mesa redonda, que - non podia ser doutro xeito-, formularon preguntas e reflexions sobre a sua propia actividade cos/as menores.
Aqueles/as que traballen en concellos como educadores/as familiares puxeron enriba da mesa a problematica concreta que vai plantexar esta nova norma cando de nenos/as xitanos/as se trate.
Os/as que traballen con poboacion que presenta problemas de drogadiccion preguntaron se a nova lei establece a creacion de centros e medios especificos para os menores infractores que ademais consuman sustanticas toxicas abusivamente.
Os/as responsables de centros de internacmento (caseque todos/as presentes) amosaronse inquedos/as ante a posibilidade de que os/as menores que "quebrantasen" as medidas de internamento impostas polos/as xuices/as ( !!!Falemos de fugas!!!) Non poideran ser sancionados/as por tal conducta.
Outros/as preguntaron por que o limite entre os 14 e os 18 anos.?non se vai intervir enton con nenos/as infractores de 13 anos?... se a nova norma e tan educativa e preventiva ?por que non actuar (intervir-educar) cos menores de 14 anos.
Nin que dicir ten, que os/as que estabamos presentes na mesa, non poidemos responder algunha destas e doutras preguntas que dende as butacas se nos fixeron. Xa non falamos das que despois xurdiron tomando cafe, nun ambito mais informal.
AVISO
Para enriquecer o noso boletin e preciso que participedes mandando as vosas suxerencias, ideas, comunicacions,...
Seguro que tedes propostas interesantes que facernos.
!!!Agardamo-la vosa colaboracion!!!