VILARIÑO DE CONSO -
OURENSE.
|
UNHA PRAIA FLUVIAL QUE É UN ATENTADO INCRÍBLE O RÍO CENZA. |
Saír.
INFORMACIÓN
SOBRE ESTA DESFEITA:
En principio simplemente porei unhas fotos, tanto do proxecto, como da
situación actual das obras.
Na miña opinión esta praia fluvial é
un atentado ecoloxico a un río que xa estaba masacrado, polo
encoro do Cenza, pero que nese lugar, certifico, tiña un
bosque de galería ben coidado e o leito do río era unha
marabilla.
Decididamente, dende un punto de vista da
natureza, non entendo a política do
Concello de Vilariño cos ríos da Comarca, non miran para eles,
e cando mira é para desfacelos.
Non entendo como poden botar por terra o
seu futuro desta forma.
Vamos ve-la obra desta praia no río
Cenza:
|

|
Así era o lugar onde se fai a
praia fluvial, ver a estrada así como a nave que
está a esquerda da ponte. O río, como todos os galegos, presenta un bosque de galería, con árbores
que a maioría son bidueiros e salgueiros, inda que
nesta zona había algún castaño centenario.
Ver na parte de abaixo como quedou
a zona.
|
|

|
Este é o estado actual da famosa praia.
Observar que o bosque de galería que cubría o río
foi arrasado. O leito do río empedrado. Realmente é
dificil facelo peor. O río Cenza nese lugar era couto
de pesca, hoxe en abril do ano 2000 está vedado.
Realmente é para chorar o que se está a facer cos
ríos galegos. Esta práctica é bastante usual polo
menos en Ourense. Na miña opinión estas obras son
pezas de ouro para un libro que se podía titular
"A antoloxía do disparate ecolóxico".
|
O paraxe coñecese co nome de
Marcolongo, e está no mismo Vilariño de Conso, trátase dunha
actuación máis das moitas que se están a producir en Ourense
cós ríos. Non me colle de sorpresa, 300 metros de río que
pasan a outra vida... estas son as imáxenes e
fotografías, saquen as súas conclusións.

O EMPEDRADO E ACONDICIONAMENTO DO RÍO
VAI DENDE A PONTE-ATA DESEMBOCADURA NO CONSO.
A obra consiste no
empedrado do río e en facer tres especies de
pequenos encoros que servirán de piscinas, una zona
será para os mais pequenos, outra para persoas adultas con
dificultades de nadar e a terceira, un pouco máis grande,
servirá para practica-la natación e os que se desenvolven
mellor na auga. Para levar a cabo esto levantaron a zona ,
desviaron o río e logo voaron a zona, supoño que con
dinamita, xa que o parecer había moitas rocas na zona. Por
suposto talaron
bidueiros, salgueiros e incluso castaños centenarios. Levantaron o leito
do río.
Empedraron o río.
Encementaron.
En fin. Sin comentarios ...
Ten 42 millóns de
presuposto na primeira fase.
Por certo o lugar voado era
couto de pesca o ano pasado. ( Según o reglamento de pesca,
dinamitar a zona sería unha multa de 50 millóns de
pesetas... máis dos que vale a obra........).
Por certo ( ver máis
abaixo) a multa foi de 40.000 pts.

Corte do río e Detalle do "EMPEDRADO
DEL RÍO".
Os planos.
|

|
|
Comenzo das obras. Esta
fotografía non é miña. Está sacada da folla de
información do Concello.
¡¡ Terrorífico ! . Decia Epicuro
"Que o
descoñecemento da natureza é a causa da desgracia
human! ...O feito de acometer esta obra é dun
descoñecemento que a mín faime temblar.
Outro problema é que a xente pensa
que os ríos son da súa propiedade. " Os ríos son
un patrimonio de tódolos galegos". O río Cenza é
de Vilariño e con el pódese facer o que se queira.
Esto é o error da xente que promove estas desfeitas.
Eu non podo,
como amante da natureza aprobar una obra que desgracia o
río, quede como quede a obra que seguro que o final
queda bonita.
O feito de facela e de
"escoñar o río e a súa vida" demostra un
descoñecemento total do que é o propio río. Esta
misma obra podería facerse sin problemas fora do río,
mantendo para este un caudal ecolóxico axeitado.
Non entendo como,
Medio Ambiente, a Confederación hidrográfica, a
Federación de Pesca de Galicia, permiten "estas
animaladas".
|
|
|
|

|
|
Así esta quedando.
Que conste que hai xente que opina que pode quedar ben.
Dende logo pode...
Pero o modo de
facelo é incríble. As pedras do río van encementadas,
creo que con eso está todo dito.
|
|

|
|
Río empedrado. Eu na miña
vida vin outra desfeita deste tipo. Menos mal que é un
treito pequeno relativamente.
Seguro que o vai aprobar Medio Ambiente.
¿Seguro que se axusta os proxecto aprobados ?. |
 |
| Parte de abaixo da
desfeita, que nos dice como era o río onde se está a
facer a praia. Vexan os bidueiros, etc. Típico bosque
de galería. Igual que a seguinte fotografía. |
 |
| Incríble. Ve-la zona de
arriba da Ponte chea de salgueiros e bidueiros. Así
estaba a parte de abaixo. |
 |
| Así é
como está quedando a obra.
Ollo que esto está pagado
por tódolos galegos.
Son cartos de Europa...logo
queixámonos...
|
|
 |
| ¡¡¡ Penoso!!!
No seu día irei pondo o proxecto, a autorización de
Medio Ambiente e da Confederación hidrográfica.
Dende logo inclumple absolutamente
todo ( dende o punto de vista ecolóxico) .
¿ Que se pode facer ante estas desfeitas ?.
|
 |
| Europa paga
todo...
Lévase gastado sobre 50 millóns na primeira fase.
Ver fotografía panorámica.
Neste
país galego están de moda estos procedementos nos
Concellos. Primeiro solicitan permiso por suposto da
Confederación hidrográfica, quen pon unhas normas que
ninguén cumple e moito menos os Concellos.
Por
certo a Confederación pón moitas trabas, pero todo
depende de quén pida as cousas, estos días, xaneiro de
2000, puso trabas o Instituto de Ribadavia para arranxar
unha ponte, cun presupuesto de 200.000 pts. e para o proxecto
Voz natura. Denega "por si cae cemento o
río", pide incluso un estudio de impacto de 500
anos atrás para una pasarela de 4 metros." . Logo
permite estas encementacións no río Cenza e
tamén centos de
minicentrais na provincia, que no soio encementan
si non que tamén matán
literalmente tódalas troitas, como ocurriu no río
Cerves recentemente e noutros.
Vivir
para ver, neste país hai que estar ben situado para
obter as cousas, inda que estas sexan ilegais e
auténticos asesinatos a natureza. Unha auténtica vergoña.
Pero
sigamos coa praia do Cenza...
Logo
solicitan a Medio ambiente autorización que por suposto
pon outras normas e que ninguén cumple e xa está, feitos
consumados.
Si
a Unión Europea paga todo, moito mellor así sae
gratis ( como si estos cartos non saíran da cuota de
leite ou da cuota pesqueira , os galegos somos
así... pero hai que aproveitarse...). 
Así
está quedando en agosto do 2.000. O final ata dirá
bonita a praia do Cenza, pero ese non é o tema, o fin non xustifica os
medios, e o río, os centos de animais que había debaixo
das pedras, as árbores que había no seu entorno
foron arrasadas...ese é o feito...trátase,
repito, dun delito ecolóxico moi grave, feito con
intención de utilidade pública e seguro con boa
vontade, como estou seguro que se fixo, pero...é un
crimen a nosa natureza, un crimen que se podía evitar.
O
final rematarán a obra, e si ven inagura-la obra un político de
campaniñas mellor...eu diría que mellor Fraga,
non estaría mal que é pescador , ou Cuiñas que dice
que os ríos galegos quedarán coas troitas de fai 50
anos ( por exemplo o Cenza) ou o Conselleiro de Medio
Ambiente que pasa dos ríos completamente, é que cree
que os encoros, dende 20 anos ata hoxe xa se fan con
mentalidade ecolóxica, fanse ben...( para os
bolsillos de Fenosa, Iberdrola, etc...). Agustín Verdeal penso que non vai ben para este evento , o home
está moi ocupado, xa que dixo o ano pasado que vai
recuperar a Lagoa de Antela ( debe estar a tope)... --------------------------------------------------------------------
Sen
entrar en moito detalle, total.... ¿ para que? si
o mal está feito:
A
Consellería de Medio Ambiente con data 2 de Marzo de
1999 e firmado por Belén Bris Marino co Visto Bon do
Delegado de Medio Ambiente Agustín Prado Verdeal
propón as seguintes condicións a obra o Concello de
Vilariño:
| CONDICIÓN POSTAS |
CUMPLIMENTO: |
1.- Deberá
asegurar la circulación en todo momento dun
caudal ecolóxico polo río que permita o
mantenemento das comunidades acuáticas
preexistentes
|
Dame a risa......
voaron a zona completa, matando por suposto toda a
comunidade acuática existente, que non son soio
as troitas e peixes, fala de comunidade, os bichos
que están debaixo das pedras tamén forman esa
comunidade. Tamén os bichos que andan polas
árbores.
En fin sin comentarios......
|
2.- Deberase
dispor dun sistema de franqueo practicable para a
fauna ictícola tanto para o remonte como para o
descenso.
|
Dende logo no
proxecto non está contemplado. Claro que xa o
dixen no seu día, xa fai anos. Cando se fixo a
presa do Cenza, todo o mundo decía que os peixes
e troitas subirian. Efectivamente, as troitas en
Vilariño, claro que suben, xa que son
voadoras...polo tanto non necesita sistema
de franqueo.
|
3.- Evitarase o
vertido de calquera tipo de producto contaminante
que cause dano ó ecosistema acuático. Asi
durante as obras non se verterán pedras, terra,
restos vexetais ou cemento, hidrocarburos ou
outras substancias que poidan modificar a calidade
da auga.
|
Esto si se
cumpliu.
Non, non houbo vertidos de
nada. Simplemente desviaron o río e dinamitouse o
tramo.
Por suposto tampouco resto de
cemento, xa que donde botaron cemento, o
encementar as pedras, xa non era o río de antes
era outro.
De coña e para tirarse polo
chan.
|
4º.- O tramo
afectado conta cun arbolado de ribeira en bó
estado que se respetará esta franxa de
vexetación con alto valor biolóxico e protector
do ecosistema acuático. En caso de que fose
preciso cortar algún pé solicitarase a
autorización perceptiva.
|
Sin comentarios.
Non deixaron nin a primeira
arbore.
Seguró que fixeron a
solicitude por escrito para cortalos todos. Mellor
dinamitalos é máis rápido , limpio e non afecta
a fauna.
|
5º.- O remate das
obras tódolos restos das mesmas deberanse retirar
da canle e marxes e reporase a vexetación
cortada.
|
Bueno seguro
que o 5º punto vanno cumplir.
|
Galicia é un pais bananero no que
respeta ó medio ambiente. O descoñecemento dos nosos
gobernantes neste tema é total e absoluto e así nos
luce o pelo en agosto do 2.000...
Vds. teñen a palabra. 
Sra.
Belén Bris Marino ¿ Cumpliron as normas ?.
A que sí
...¿ canto nos xogamos ?.
O
final o mellor queda bonito, que conste que é posible.
Esperemos...
 O resultado. Descoñezo o autor da fotografía. As anteriores son
miñas. 
|
MEDIO
AMBIENTE EXPEDIENTA O CONCELLO POR TALAR ÁRBOLES.
( A verdade é que a tala de
árbores non é ó único atentado, o río queda desfeito e sin
vida nesa zona.)
|

Según Arcadio Gonzalez, Ventura
Sierra ( que aparece na fotografía) , que é o responsable da
desfeita anterior, debe asumir a multa, xunto co seu grupo (
P.P.).
A multa nona ten por que pagar o
Contribuinte, non é xusto.
Nota:
esta información está sacada do Faro de Vigo do día 01 de marzo
do 2000. A entender
do alcalde " as obras son un beneficio socioeconómico para
o desenrolo turístico da zona. Quitánrose árbores pero volveranse
a poñer..." Sin
comentarios...
|
A infracción ten como motivo as obras
da praia onde se cortaron castaños centenarios, robles e alisos sin
permiso.
O expediente está aberto pola Comisaría de Augas
da Confederación hidrográfica do Norte, organismo que depende do
Ministerio de Medio Ambiente. A denuncia foi posta por Arcadio
Gonzalez do PSOE de Vilariño de Conso e actualmente concellal.
Según Arcadio Gonzalez "
os
recursos naturais cos que conta o Municipio non soio están sendo
desaproveitados, si non que se están destruindo entornos de
singular beleza e excepcional valor ecolóxico"
"Estas actuacións non cadran coa
solicitude de subvencións para o programa da Ruta da Castaña ou a
pretensión de participar en programas de defensa e recuperación
ambiental como o do Val do Támega "
|
Agosto do 2000-Medio Ambiente multa a
Vilariño pola tala indiscriminada de árbores.
|

Estado actual da famosa praia de
Vilariño.
Agosto do 2000. |
Vilariño de Conso foi multado con
40.000 pesetas pola tala de unhos castaños na área
recreativa do río Cenza.
A multa é da Confederación hidrográfica.
Verdadeiramente dame a risa, por non chorar.
Por suposto o Concello, non pagará un can
seguramente. Unha lectura a fondo do que escribe a
confederación hidrográfica, sigue movendo a
risa...pero que máis dá.
Está claro que nos ríos de Galicia pódese
facer de todo, sempre e cando o fagan os
Concellos...eso sí , si os castaños foran talados
por un particular ou outros grupos, outro galo cantaría...
|
Última hora : A Región 06-08-2000.
Vilariño paga a multa xa que pensan que
"recurrir inda saldría máis caro".
|

Ventura Serra (Alcalde
de Vilariño de Conso e membro do P.P.) dice :
"Por cuarenta mil pesetas non vamos andar
dando voltas cos papeles, para logo aínda ter que levlos a
Oviedo".
Engade: "Xa estamos fora de toda
sospeita. A área de recreo está ahí para dinamizar a economía e
o benestar dos veciños da zona...todo o mundo fala ben dela
menos a oposición que soio entorpece e non queren que veñan cousas
a Vilariño...."
Nota: a área inda se está a construir. Presuposto
de 60 millóns, e afecta casi a 300 metros de río. Nela traballan
sobre 50 obreiros.
Ventura Diaz "é partidario de plantar
novas árbores e todo o que falla falta porase para que o lugar inda
quede mellor do que estaba".
|

Arcadio Gonzalez (
Portavoz do PSOE e que foi o denunciante da desfeita da tala de
árbores)
"Debera recurrirse e de non ser así que a
pague o equipo de goberno do PP do seu bolsillo, xa que foron os que
contraviñeron as ordes expresas dos organismos competentes de
respetar o arbolado da zona...."
"Coa tala de árbores fíxose un daño
irreparable a tódolos veciños do pueblo. Neste tipo de actuacións
contra a natureza deberíase sancionar administrativamente e
penalmente ós infractores, pois a neglixencia, incuria e
desobediencia do alcalde e do resto do seu equipo ocasionaron un daño
irreparable a sociedade."
|

O resultado. Descoñezo o autor da fotografía. As anteriores son
miñas.

Ourense "Terra da Chispa"
© S.L.F.
06-08-2000
E-mail.
|