Vilariño de Conso: unha zona incríble que merece a pena visitar. 

VILARIÑO DE CONSO - OURENSE. 

  A CAZA.

 

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

DATOS XERALES SOBRE A CAZA.

   Vilariño de Conso é unha zona moi apreciada polo cazadores por ser unha zona case virxe. Actualmente, a Sociedade Val do Conso S.A. , ofrece todo tipo de servicios para a práctica da caza: hospedaxe ( Hostal Rte. Río Cenza, no corazón da Vila) , seguros , armería , cans, e incluso vehículos todo terreno para transporte e recollida dende os varios puntos das tres zonas de caza permanente que posue. Este coto funciona durante todo o ano con repoboación constante de varias especies como son o coello, a perdiz vermella, o faisán e a codorniz.

Nota importante: descoñezo si o dato anterior é correcto e sigue a funcionar. O feito é que este hostal está pechado e polo tanto non podo dispoñer do teléfono. Témome que esa montaxe non existe hoxe en día.

De tódolos xeitos Vilariño é un bon lugar para  a caza e a xente que este interesada sempre pode chamar o teléfono do Concello e seguro recibirán todo tipo de información:

 

Teléfono:          988-340302 
         Fax:          988-340269 

------0-----

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última hora.

Maio do 2000.

Un proxecto cinexético potenciará económicamente a zona con ofertas turísticas para deportistas foráneos. Preténdese que Conso-Frieiras teña o segundo couto de caza máis extenso de España. Para elo preténdese nun corto espacio de tempo o seguinte:

  • Unha oficina centralizará a xestión deste gran espacio cinexético, para tramitar os permisos, etc.

  • O gran coto comprenderá : a Gudiña, A Mezquita , Vilariño de Conso e Riós.

  • Un administrativo encargarase de tramitar as reservas para os cazadores.

  • Estos ingresos repercutirán en melloras para os montes e obras de interés social.

A idea parece boa e os promotores teñen neste anaquillo de páxina a súa, sempre que vaia en beneficio da Comarca e da natureza por suposto.

Tratarei de estar informado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DATOS CINEXÉTICOS SOBRE O COUTO DE CAZA DE VILARIÑO DE CONSO.

Nota importante: os datos que siguen están sacados do libro Guía de Turismo Cinegético en la Provincia de Ourense. Editado pola Camara de Comercio e Industria de Ourense en 1999.

Este é o resume do couto de Vilariño de Conso.

O Telefono de Contacto é o Concello de Vilariño 988-340302.

Como infraestructuras hai que decir que ten un cercado de coello, vedado de 1.500 Has, con Servicio de control e vixilancia.

Neste carteliño están as modalidades de caza cunha valoración do couto: Rececho esperas - Caza intensiva - Batidas - Caza Menor con cans.

O mesmo tempo fala da calidade e do calendario de cada unha das modalidades.

Este é un mapa pictográfico do Concello de Vilariño.

A verdade que a Guía citada é unha auténtica maravilla.

Xunto cos datos anteriores trae a maiores datos sobre :

  • Clima : onde dice que é frío con nevadas frecuentes por riba dos 1500 metros en inverno e templado en primaveira e verán.
  • Orografía : onde dí que as montañas teñen pendientes moderadas.
  • Equipo : onde aconsella que se leven botas que agarren ben os pes e os tobillos, roupa impermeable e de abrigo, prismáticos e rifle con mira telescópica.
  • Telefonos de interés: onde trae aparte do teléfono do Concello de Vilariño de Conso 988-340302 ; o da Garda Civil 988-330033 e o do Centro de Salud de Vilariño de Conso 988-340328

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UN LIBRO SOBRE A CAZA EN OURENSE.

O libro aporta datos dabondo sobre a riqueza da caza na provincia de Ourense. Os autores son Juan Antonio Fernández Pérez e Fernando Morán Castillo.

Está publicado  pola Camara de Comercio e Industria de Ourense no ano 1999.

Sinceramente merece a pena para todos aqueles que sexan amantes da caza.

Véndese nas librerías.

Non coñezo os autores pero a miña enhoraboa.

 

 

Saír.

  Ourense "Terra da Chispa"        © S.L.F.              24-05-2000                Mándame un correo. Dame información o dime que opinas de esta página.  E-mail.