|
Nota importante : algúns datos do informe que sigue está sacado de ECOAGRO , suplemento do diario La Región de Ourense do día 13 de maio do ano 2000.
Vilariño de Conso é un municipio dos máis extensos da Provincia de Ourense, pero con menor densidade de población. As súas condicións orográficas condicionaron a aparición de actividades agrícolas que incitaron a moitos dos seus habitantes a tomar o camiño da emigración. De feito nos anos 50 prodúcese una rápida despoblación xa que os seus veciños emigran a zonas máis industrializadas. A economía de subsistencia non daba para máis e a xente tuvo que buscarse a vida noutros lugares.
Vilariño de Conso é un municipio caracterizado por una gran beleza agreste propia dos terrenos de alta montaña. Persoalmente é un dos lugares da provincia máis bonitos e con máis posibilidades turísticas ( senderismo, caza , pesca,......) de toda a provincia de Ourense.
![]()
Superficie do Municipio: 200,9 Km2.
Población: 936 habitantes
Trátase dun Municipio dos máis húmedos da provincia. Dista de Ourense 115 km. Perteñece a comarca Conso-Frieiras . Está claro o xa dito, Vilariño é dos máis extensos da provincia e tamén dos que teñen menos densidade de población. O estar nun lugar de alta montaña é definitivo.
Os habitantes destribuense en dez parroquias : Castiñeiras, Conso, Chaguazoso, San Mamede, Mormenteleos, Pradoalvar, Sabuguido, San Cristovo, Veigas de Camba e Vilariño. ( Non sei porque se cita Veigas de Camba, cando esta parroquía quedou no fondo do encoro das Portas, algo que me terá que aclarar alguén de Vilariño).
O terreno está enclavado na parte oriental das Serras de Manzaneda , Queixa e os Montes do Invernadeiro, cunha altitude media de 900 metros.
Destacan as terras altas, por riba dos 1000 metros con características de serra e os valles con alturas de 600 metros.
O anterior orixina dúas zonas climáticas diferentes: as zonas altas con invernos moi duros e estacios intermedias cortas e suaves, e os valles con temperaturas máis agradables e invernos cortos e suaves. Os meses chuviosos son os de decembre, xaneiro e febreiro con aparacións frecuentes de neve nas zonas máis altas.
Os sectores de actividade non deixan lugar a dúbidas.
A maior parte dos habitantes de feito un 23% dedican á ganadeiría, sobre todo cabras e ovellas que teñen neste Muncipio unha das maiores presencias de tódala comunidade, creando incluso unha festa para ensalzar as cualidades do cabrito de Vilariño criado de forma natural polos seus habitantes. A agricultura, limitada ás zonas dos valles está dedicada o autoconsumo.
Quede claro polo tanto que o ganado ovino é o máis numeroso.
É moi importante a superficie de monte comunal que alcanza as 11.000 hectáreas, o resto dedícase a prados e labradío. Como especies arboladas compre destacar o castaño e o roble. Do castaño comercializanse preto de medio millón de kilos de castañas o ano. A zona podería explotar perfectamente moitos recursos naturais que ten : as setas por exemplo , a mel , outros productos naturais que ten dabondo. É unha magoa que non se monten empresas que exploten estos productos únicos. Todo se andará.
Finalmente os seus recursos para o tempo libre son inmensos e sin lugar a dúbida dos mellores da provincia. Anoten : ten o ecosistema mellor conservado de Galicia , a zona do invernadeiro, de indudable beleza , dun valor fora de serie e realmente moi cuidado .
A zona do Cenza sigue sendo un val glaciar único en Galicia, Pradoalvar , e un longo etc.
Rutas de senderismo de todo tipo. Recursos monumentais dabondo.
Zona de caza maior , caza menor e pesca fluvial únicas a pouco que se melloren e conserven.
Vilariño teno todo para o turismo de categoria ( no me refiro o turismo de bocadillo) a pouco que se explote.
Dende esta www aposto moi forte por un Municipio fora de serie